Máis de 5.000 asistentes confirman o éxito de Etiqueta Negra no seu regreso

Pontevedra
13 de decembro 2021

A feira Etiqueta Negra, que volvía esta fin de semana a Pontevedra tras dous anos de espera pola pandemia, volveu a demostrar o gran tirón que ten entre o público. A pesar do cambio de datas, máis encima de nadal, rexistrou unha asistencia máis que notable

Etiqueta Negra 2021 Cristina Saiz

A feira Etiqueta Negra, que volvía esta fin de semana a Pontevedra tras dous anos de espera pola pandemia, volveu a demostrar o gran tirón que ten entre o público. A pesar do cambio de datas, máis encima de nadal, rexistrou unha asistencia máis que notable.

Ata 5.478 persoas pasaron polo Recinto Feiral, segundo datos da organización, para coñecer as propostas máis innovadoras da gastronomía gourmet galega.

O día de maior afluencia foi este domingo, a xornada de clausura, na que centos de visitantes percorreron o centenar de casetas que, desde o pasado venres, acolleron a produtores chegados de toda Galicia para exhibir as súas propostas gourmet.

Viños, licores, vermús, cervexas, cafés, infusións, marmeladas, mel, galletas, tortas, doces, xeados, aceites, queixos, patés, carnes, caracois, embutidos, conservas, cogomelos, legumes, salsas e aderezos ou pans e empanadas son algúns dos produtos que se ofertaron.

Ademais, no marco de Etiqueta Negra celebráronse exhibicións de cociña, catas comentadas ou reunións entre exportadores, distribuidores, tendas gourmet ou restauradores.

Entre outros acordos, a empresa Sardino Vermut pechou durante a feira un preacordo para exportar as súas bebidas a África e comezar a comercializalas en Ghana.