Máis de 3.500 fogares de Pontevedra teñen a todos os membros no paro

Pontevedra
16 de decembro 2013

O sindicato UGT amosou a súa preocuapción pola situación que se vive na comarca e no Concello de Pontevedra que conta con 1.090 fogares nos que non se percibe ningunha dotación económica

O sindicato UGT mostrouse preocupado pola situación laboral que se vive na bisbarra e no concello de Pontevedra, segundo os datos que recolleron na reunión do Conselo Económico e Social (CES).

Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT, sinalou que o ano 2013 foi "fatídico" en Pontevedra e por iso reclama que as distintas Administracións e, en concreto o alcalde da cidade, sexan sensibles con esta situación. "ÿ necesario que se fagan actuacións directas, nas que os tributos sexan aminorados, retirados ou aprazados" indicou Ramón Vidal " porque o concello de Pontevedra está esmorecendo".

A continuación sinalou que no terceiro trimestre de 2013 en 3.516 vivendas familiares todas as persoas activas se encontran desempregadas. E en 1.090 non entra ningún ingreso. "Non debemos contemplar unha rede de asistencia baseada na beneficiencia pero a Administración ten que adoptar alternativas directas", indicou o secretario comarcal de UGT.

O sindicato reclama a necesidade dun servizo de atención ás persoas en emerxencia social. Pero ademais, os representantes sindicais mostraron o seu malestar polo feito de que en Pontevedra exista unha tendencia a aumentar o nivel punitivo. Carlos Esperón de UGT, indicou que "hai unha tendencia á sanción, sobre todo, de tráfico" e Vidal engadiu que "agora vai haber unha máquina, o multamóbil". Por iso reclaman sensatez e sinalan que "a sanción debe ser o último".

CAMPAÿA DE NADAL

Carlos Esperón indicou que dende 2011 non se están a realizar contratacións con motivo das festas de Nadal no comercio local. "Como moito, na campaña de Reis contratan para facer lotes. Non hai reforzo nas tendas". Apuntou que este ano non se consolidan as vendas cando entre 2008 e 2010 si se producía un repunte no consumo dende decembro. Esta situación, sinalou o representante de UGT, agrávase no pequeno comercio local.

Arquivado en