Máis de 2.600 euros recadados na chocolatada solidaria celebrada en Campo Lameiro

Umia
05 de abril 2023

A ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño xunto ao Concello de Campo Lameiro celebrou unha chocolatada solidaria coa finalidade de axudar a menores enfermos de cancro

Actuacións na chocolatada solidaria de Campo Lameiro Concello de Campo Lameiro

A ANPA do Colexio Pedro Antonio Cerviño xunnto ao Concello de Campo Lameiro celebrou unha chocolatada solidaria coa finalidade de axudar os nenos e nenas que padecen cancro.

A actividade realizouse no pavillón de deportes de Campo Lameiro, e logrou unha recadación total de 2.624 euros, que serán destinados a proxectos pioneiros de diagnóstico e investigación para o tratamento e a mellora da calidade de vida dos menores enfermos de cancro, segundo explica o Concello.

O evento solidario contou coa participación desinteresada da Banda Unión Cultural de Campo Lameiro; as comparsas Os Solfamidas, Os Sonecas y Os 100tolos; a charanga Os Encerellados e DJ Josinho.

O público puido gozar da xornada de chocolatada tras entregar un donativo de tres euros. Entre os asistentes atopábase o delegado territorial da Xunta, Luis López; o alcalde de Campo Lameior, Carlos Costa; e varios integrantes da corporación municipal, que serviron o chocolante acompañando ás persoas integrantes da ANPA.