Máis da metade dos ingresados nas unidades de coidados intensivos (UCI) dos hospitais galegos teñen 40 ou menos anos.
Nas unidades de coidados intensivos había este sábado 12 pacientes críticos. Afortunadamente a presión hospitalaria reduciuse lixeiramente nas últimas horas con 47 pacientes con covid en planta.
O dato foi facilitado este sábado pola Consellería de Sanidade que traslada a súa preocupación por esta quinta onda e apela unha vez máis ao "sentidiño" ao asegurar que "o virus segue moi activo".
A Consellería de Sanidade lanzou esta mensaxe nunha xornada na que os novos contagios de covid-19 detectados nun só día volvéronse a disparar en Galicia ata situarse nos 655, en niveis inéditos desde a terceira onda da pandemia en febreiro.
Os casos activos da enfermidade aumentaron ata os 4.168, case medio milleiro máis que hai un día.
"Gocemos dun verán seguro", é a mensaxe que reitera a Consellería.