Os maiores de Soutomaior celebran o Nadal bailando

Soutomaior
30 de decembro 2024
Actualizado: 19:31

Mais de cen persoas asistiron ao Baile de Nadal que pasada noite de celebrou na Casa do Pobo do Val Sobral, con música, cotillón e chocolate con rosca.

Baile de maiores en Soutomaior Concello de Soutomaior

As persoas maiores do concello de Soutomaior gozaron na pasada noite do seu baile de Nadal organizado polo Concello na casa do pobo do Val-Sobral.

O Trío Azabache foi o encargado de poñer o toque musical a esta cita para que todos movesen o esquelete dende as 18:00 ata as 20:45 horas.

Non faltaron o 'Como baila Carmiña' de José Acosta, 'Solo te pido' de Manolo Escobar e o mítico 'Cada día máis linda', de Pimpinela.

Todo, na compañía de cotillón y dun rico chocolate acompañado de rosca e doces de Nadal.

As persoas que o desexaron tiveron a súa disposición o servizo de autobuses dende Arcade e dende os diferentes barrios de Soutomaior, co fin de que todos desfrutasen deste Baile con comodidade e sen ter que levar o seu coche particular.

Para este martes 31 de decembro, na súa Carpa de Nadal instalada en Talo Río, ás 17:30 horas, chegará Peter Punk co seu espectáculo 'Prebadaladas' onde as risas e o divertimento estarán asegurados.

E xa a partir das 00:45 horas será Yaya DJ a encargada de darlle a benvida ao 2025 con música nunha festa de fin de ano que contará con roupeiro de balde, carpa climatizada e con moito ambiente.

Dende o Concello convidan a vir a desfrutar do Nadal e tamén a despedir o ano e darlle a benvida ao 2025 dende Soutomaior.