Maio arroxa un bo dato do paro, ao pechar o mes con 2.214 desempregados menos na provincia

Pontevedra
04 de xuño 2019

A provincia de Pontevedra conta actualmente con 63.548 persoas demandantes de emprego nas oficinas dos servizos públicos de colocación, o que supón 5.634 menos que hai un ano, segundo informou o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Oficina de emprego en Pontevedra PontevedraViva

O mes de maio tradicionalmente é positivo no que respecta a a creación de emprego, e nesta ocasión non foi menos.

Segundo os datos ofrecidos este martes polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o quinto mes do ano supuxo un importante retroceso no número de demandantes de emprego nos servizos públicos de colocación.

No municipio de Pontevedra o paro rexistrado baixa ata as 5.477 persoas o que supón 75 desempregados menos con respecto ao anterior mes de abril.

    Abril    Maio   Variación
Pontevedra5.5525.477-75
Barro250224-26
Bueu760749-11
Caldas de Reis659643-16
Cambados1.028991-37
Campo Lameiro1231263
Cerdedo-Cotobade339328-11
Cuntis275259-16
O Grove779724-55
A Illa de Arousa276272-4
A Lama152141-11
Marín1.552 1.500-52
Meaño320313-13
Meis323291-32
Moraña294266-28
Poio1.041995-46
Ponte Caldelas472451-21
Portas197179 -18
Ribadumia285268-17
Sanxenxo1.000919-81
Vilaboa391369-22
Vilagarcía de Arousa3.2763.088 -188
Vilanova de Arousa   733665-68

 

Así, a provincia de Pontevedra pechou maio con 2.214 desempregados menos que no mes de abril, o que supón un descenso do 3,37%, deixando o número total de parados en 63.548 persoas.

No balance anual, a provincia acumula unha baixada do 8,14%, ou o que é o mesmo, 5.634 parados menos.

A nivel autonómico, a redución do paro en Galicia foi este mes de 5.421 persoas para un total de 160.805 desempregados. Isto supón 15.891 demandantes de emprego menos que hai un ano, cunha caída do 8,99%.

No que respecta a as cifras estatais, España pechou maio con 3.079.491 parados (83.738 persoas menos), o seu nivel máis baixo neste mes no últimos dez anos.

Arquivado en