Magosto popular no barrio de Loureiro Crespo

Pontevedra
26 de novembro 2022

Foi unha actividade provomida pola veciñanza e coa intención de continuar a dinamizar todo o barrio e animar a que outros veciños doutras partes da cidade se acheguen

Magosto da veciñanza de Loureiro Crespo Mónica Patxot

A veciñanza e o empresariado de Loureiro Crespo e da Pasarela celebraron este venres un magosto popular.

Dende as cinco da tarde un castañeiro entregou castañas asadas e tamén houbo degustación de doces en colaboración coas pastalerías da cidade.

A festa estivo amenizada pola música dos Alegres e contou con xogos para as crianzas.

Foi unha actividade provomida pola veciñanza e coa intención de continuar a dinamizar todo o barrio e animar a que outros veciños doutras partes da cidade se acheguen.