Luz verde ao orzamento municipal de Sanxenxo para 2024

Sanxenxo
29 de xaneiro 2024

As contas saíron adiante cos 10 votos a favor do PP e os 7, en contra do PSOE e do BNG

Pleno do Concello de Sanxenxo

Sanxenxo aprobou este luns en sesión plenaria un orzamento total para 2024 de 45,2 millóns de euros dividido en cinco contas separadas: Concello (30,6 millóns de euros), Terra de Sanxenxo (7,7 millóns de euros), Turismo (1,8 millóns de euros), Nauta Sanxenxo (2,2millóns de euros) e Insula (2,8 millóns de euros). 

O documento saíu adiante cos 10 votos a favor do PP e os 7, en contra do PSOE e do BNG.

A concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez, destacando o "gran investimento en gasto social ao que destinamos 3,1 millón de euros" o que supón 170 euros por habitante. 

"Queremos subliñar o aumento da partida do Servicio de Axuda o Fogar, que se incrementa en 560.000 euros, pasando de 790.000 a 1.350.000 o que nos permitirá atender ás 146 familias que necesitan este servizo", sinalou. Actualmente aténdense a 76 familias e co incremento de horas prestarase servizo a 70 familias máis deixando a lista de espero a cero.

Martínez fixo referencia durante a súa exposición a un estudo da Asociación Española de Xerentes de Centros Sociais que conclúe que o gasto medio por habitante en España é de 94 euros por habitante. "Sanxenxo inviste 170 euros por habitante o que está calificado como excelente neste estudo", indicou.

O orzamento do Centro de Día ascende a 654.000 euros e as das dúas escolas infantís 584.000 euros partidas que se incrementan ano tras ano. Ademas, hai unha partida de 421.000 euros pairas subvencións a distintas asociacións, clubs deportistas e deportistas individuais. 

En Nauta, este ano vaise a levar a cabo o plan de usos do porto e será en 2025, cando está previsto que se empece a segunda fase do concurso de ideas de remodelación do porto. Insula licitará nos próximos días a primeira fase da construción do complexo multiservicios municipais por 2,6 millóns de euros no parque empresarial de Nantes cunha nave para Medio Ambiente e tamén as sedes da Policía Local e Emerxencias.

Outra da partidas destacadas por Martínez foi o investimento destinadas a depuración, saneamento e auga."Este ano vai ser sen dúbida o ano da depuración e do saneamento. Durante os dous vindeiros anos vanse invertir 36 millóns de euros no convenio de Acuaes e as melloras que vai facer a concesionaria de augas", dixo. E nesta liña destacou a concelleira de Facenda que de todas as actuacións previstas ao longo deste ano,"valoradas en máis de 32 millóns de euros (1.881€ por habitante), o 85% proceden doutras administracións. Noutras palabras, que de cada euros invertido, case seis son financiados por outras administracións".

Finalmente, Martínez tamén fixo referencia ao"sistema de limpeza, recollida de lixo, coidado de parques e xardíns e mantemento do rural que van a experimentar un cambio revolucionario".