Luz verde á contratación das obras de mellora no pavillón da Cañota

Marín
16 de novembro 2023

A Xunta de Goberno local de Marín aprobou o expediente para contratar a obra de mellora da infraestructura deportiva

Pavillón da Cañota Concello de Marín

A Xunta de Goberno local de Marín aprobou o expediente para contratar a obra de mellora do pavillón da Cañota.

Trátase dunha actuación ideada para mellorar a eficiencia enerxética, habilitabilidad e accesibilidade da instalación.

A obra conta cun orzamento total de 662.811 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achegará o 70% (463.968 euros) e o Concello o restante 30% (198.843 euros).

A maiores e seguindo esta liña, o goberno local avanza a concesión doutra subvención provincial para financiar a readaptación do proxecto similar que se quere levar a cabo noutro pavillón, o do Sequelo. Esta axuda, de preto de 15.000 euros, enmárcase no plan de recuperación, transformación e resiliencia no ámbito do turismo deportivo sostible.

No caso do Sequelo, contémplase o illamento exterior do edificio, a dotación dunha nova cuberta con illamento térmico e impermeabilización así como a instalación de auga quente sanitaria con dúas bombas de calor aerotérmicas alimentadas por unha instalación fotovoltaica.