O Concello de Pontevedra informa de importantes alteracións no tráfico que se producirán o vindeiro luns na zona norte da cidade por mor de obras de asfaltado.
En concreto, o luns 13 de xaneiro, entre as 09:00 e as 13:30 horas, pecharase un carril de circulación da rúa Alexandre Bóveda, unha vía que se sitúa por detrás do Pazo da Cultura.
O corte afectará ao sentido que vai desde a Ponte dos Tirantes cara á Avenida de Compostela.
Para minimizar as molestias aos condutores, o Concello estableceu un desvío alternativo pola rúa Enxeñeiro Rafael Areses.
Desde o departamento municipal de Mobilidade recoméndase aos condutores que teñan previsto circular durante a mañá do luns por esta zona de alto movemento de tráfico debido á presenza de centros educativos da Xunqueira que tomen en consideración estas alteracións e, na medida do posible, opten por rutas alternativas para evitar retencións.
As obras forman parte do plan municipal de mantemento emellora do firme das rúas da cidade.