Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, é desde este mércores novo membro de honra do Gremio de Mareantes.
Foi distinguido en transcurso dun sinxelo acto na sede da entidade gremial que acudiron autoridades civís e militares da provincia, encabezadas polos máximos responsables da Brigada Galicia VII Brilat, a Escola Naval Militar de Marín, a Policía Nacional e a Garda Civil.
López, acompañado tamén polo vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, escribiu no libro de honra da entidade destacando que "o Gremio de Mareantes fai unha labor imprescindible en favor da cultura e as tradicións doutro gremio: esta provincia extraordinaria".
Mostrouse, nesta dedicatoria, "eternamente agradecido por este recoñecemento que me vai dar moitas máis forzas para seguir a estela dos barcos que desde 1320 fan o que é esta terra: unha cidade e provincia extraordinaria".
Destacou esa data, 1320, por ser a da fundación deste colectivo e quixo recoñecer as súas achegas á provincia e á cidade, como a construción da basílica de Santa María ou a ponte da Barca ou a recuperación das procesións da Semana Santa pontevedresa.

"Que o Gremio de Mareantes, que moldeou esta cidade e esta provincia, me outorgue este recoñecemento é motivo de ledicia, orgullo e infinita gratitude", destacou López no seu discurso.
Xusto despois de que lle entregasen o madallón de honra e o pergamiño co recoñecemento, asegurou aos presentes que "hoxe é un deses días que un considera inolvidables".
José Luís Arellano, presidente do Gremio, deulle a benvida a "nuestra casa", da que dixo que é "humilde y sencilla como la buena gente del mar" e avanzou que a partir de agora "forma parte del Gremio de Mareantes para siempre".
Este recoñecemento distingue desde 1912 ás persoas que realizan "un labor encomiable" por Galicia e profunda na vinculación do Gremio con Pontevedra, cidade da que é a entidade máis antiga. É, de feito, o gremio do mar máis antigo do país.