O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, ve con receo a decisión da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, de levar a pleno e retomar o debate co Concello do Grove sobre os lindes da praia da Lanzada.
Os gobernos de Sanxenxo e O Grove pertencen ao Partido Popular. Por este motivo, Rafael Louzán considera que "o emblema da praia da Lanzada non pode ser obxecto de disputa" e apunta que detrás deste enfrontamento hai causas económicas.
O presidente do PP provincial entende" que a solución pasa porque os dous alcaldes, Catalina González e Miguel Ángel Pérez se senten e dialoguen para ver "o que poden facer" ao entender que o debate carece de sentido porque "deberiamos ocuparnos de cousas máis importantes".
Neste sentido, Louzán insistiu en que é necesario o entendemento entre as partes porque se trata dun enclave moi sensible e engadiu que igual é necesario marcar os lindes atendendo ás necesidades derivadas da concesión dalgunha licenza da actividade.