Louzán critica a "deslealdade" do grupo socialista cara os seus socios do BNG en Pontevedra

Pontevedra
08 de novembro 2013

O presidente da Deputación de Pontevedra e presidente do PP nesta provincia, Rafael Louzán, fixo esta crítica nunha rolda de prensa atendendo ás preguntas dos xornalistas sobre as discrepancias no seo do goberno local polo sobrecusto da obra do estadio de Pasarón. Mentres o BNG dá o asunto por resolto o PSOE insiste en pedir explicacións

O presidente da Deputación de Pontevedra e presidente do PP nesta provincia, Rafael Louzán, criticou a "deslealdade" do grupo socialista para cos seus socios do BNG no goberno municipal de Pontevedra.

"A Deputación o que pode demostrar son os feitos, e ás realidades son máis que evidentes de colaboración", indicou Louzán nunha rolda de prensa atendendo ás preguntas dos xornalistas sobre as discrepancias no seo do goberno localpolo sobrecusto da obra do estadio de Pasarón. Mentres o BNG dá o asunto por resolto o PSOE insiste en pedir explicacións.

"Aí ou que se demostra e a deslealdade neste caso do Partido Socialista co seu socio de goberno", dixo o mandatario provincial.

Louzán estendeu esta acusación de deslealdade máis alá da coalición de goberno "mesmo dentro do seu propio partido" dixo referíndose a "compañeiros socialistas coma era Chano Esperón que formaron parte da Comisión de Seguimento da obra a quen lle teño que agradecer que nunca puxera ningún tipo de dificultade ao igual que fixo a concelleira nacionalista Anxos Riveiro. Aprobando en consenso o que os técnicos nos propuxeron".

Para o presidente provincial "unha vez máis o PSOE está claramente desnortado, non sei se é polas preocupacións e ansias de poder que algúns teñen", dixo Louzán "ou porque ás enquisas non lles dan aquí en Pontevedra e queren facerse valer a través deste tipo de circunstancias" e engadiu "equivócanse claramente".

Finalmente o titular da Deputación asegurou que a institución que preside "seguirá na mesma liña de colaboración para todo o que sexa bó para a cidade de Pontevedra e aí teño que agradecer a colaboración que estamos a ter 'dá outra parte' do goberno de Pontevedra", concluíu "estamos para construír e non para destruír, coma fan outros. Alá cada quén".