Louzán: ⿿Beiras derrotouse a si mesmo con carácter retroactivo⿝

Pontevedra
22 de outubro 2012

Louzán asegura que o PP asume a responsabilidade que lle encomendaron os galegos ⿿coa humildade, a seriedade e o rigor na xestión pública⿝ que sempre caracterizou ao seu partido. Recorda que o PSOE "acadou nesta provincia un dos resultados máis baixos da historia da Autonomía⿝, que se corresponde coa ⿿tónica xeral⿝ dun socialismo ⿿que non conecta coa rúa, que está totalmente á marxe da cidadanía⿝.

Resultados electorais na provincia de Pontevedra David López

O presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse hoxe ao resultado obtido nas eleccións galegas por Alternativa Galega de Esquerdas asegurando que "Beiras se derrotou a si ata con carácter retroactivo".

Segundo Louzán, o que o histórico dirixente nacionalista chama "no colmo do desvarío" derrota do PP "non é máis que a derrota do partido que el mesmo fundou".

Seguindo coa súa análise post electoral, Louzán sinalou que ⿿o BNG retrocede na provincia dúas décadas e sitúase en resultados inferiores aos de 1993, pasando a ser a 4ª forza política⿝. Ao seu xuízo, isto sucede porque "a sociedade galega non apoiou nin apoiará unha forza política que non acepta aos galegos e galegas como son, senón que os quere ao seu xeito".

"non caben segundas lecturas: o Partido Popular foi o único e gran ganador destas eleccións"

Igualmente Louzán incidió en que "o PSOE conseguiu nesta provincia uno dos resultados máis baixos da historia da Autonomía", algo que responde á "tónica xeral do socialismo en Galicia e en todo o país" e que é froito "dunha política que non conecta coa rúa, que está totalmente á marxe da cidadanía".

⿿Os mesmos que nos auguraban unha caída espectacular, os mesmos que usaron todas as armas posibles para desprestixiar ao Partido Popular e a Alberto Núñez Feijoo ⿿dixo⿿ son os que hoxe están en caída libre, viven un descalabro importante⿝.

O presidente pontevedrés considera que "o castigo que auguraban para o Partido Popular traduciuse nunha debacle para os dous partidos que se pasaron 4 anos no Parlamento centrados nas as súas loitas internas, ignorando completamente os problemas da rúa e máis ocupados en si mesmos que na tarefa de oposición que lle encomendaron os galegos".

En definitiva Rafael Louzán destacou que nestes resultados "non caben segundas lecturas: o Partido Popular foi o único e gran ganador destas eleccións".

Por iso subliña que "lle imos a corresponder con 4 anos de goberno cun único obxectivo: que os homes e mulleres que hoxe o están pasando mal, comecen a ver a luz ao final do túnel e cheguen a 2016 nunha situación totalmente diferente", afirmou Louzán.

PROVINCIA

En canto aos resultados na provincia, Louzán destacou que o PP foi a forza máis votada na práctica totalidade dos concellos e nos dous municipios nos que non se conseguiu, a diferenza foi de só 97 votos na Illa de Arousa, e de 7 en Fornelos de Montes. "ÿ dicir, quedámonos a 104 votos de facer pleno".

Nunha roda de prensa ofrecida na sé provincial, o líder dos populares na provincia subliñou que dentro dun momento como o actual "sería difícil presentar un balance mellor".

Arquivado en