Louro critica o investimento millonario nas Pousadas do Salnés ante os recortes en Paradores

Pontevedra
12 de decembro 2012

"Se os Paradores teñen dificultades resultaría máis axeitado que todas as institucións puxeran da súa parte para sacalos adiante", insiste Louro, quien lamenta que en lugar disto, "Louzán optou por un luxoso capricho para inventarse catro miniparadores cun criterio territorial, cando menos, moi persoal"

Antón Louro considera "inconcebible" que a Deputación asuma un investimento público de 16 millóns de euros na construción e posta en marcha de catro hoteis na comarca do Salnés "no mesmo momento en que a empresa pública Paradores de España está a anunciar o peche definitivo ou temporal de establecementos". Unha medida que, recorda, sufre especialmente Galicia e Pontevedra, onde se prevé recortar persoal.

Di Louro que esta actuación resulta "fortemente contraditoria" cos chamados á colaboración e cooperación institucional, "pois mentres a rede de Paradores é exterminada polos recortes do Goberno central, a Deputación fai gala dunha exhuberancia orzamentaria para un fin redundante".

Diante desta situación, resulta "imposible", segundo o voceiro socialista de explicar aos cidadáns as razóns polas que os responsables do Goberno do Estado e da Deputación "decidiron tirar en direccións completamente opostas, pero igualmente erradas".

"Se os Paradores teñen dificultades resultaría máis axeitado que todas as institucións puxeran da súa parte para sacalos adiante", insiste Louro, quien lamenta que en lugar disto, "Louzán optou por un luxoso capricho para inventarse catro miniparadores cun criterio territorial, cando menos, moi persoal". Unha actuación cualificada como "un auténtico sinsentido, mal concebido, mal executado e que parece abocado a un desenlace previsible".

Antón Louro conclue facendo unha chamada á sensatez. Di que a prioridade do conxunto do sector público turístico neste momento "debe focalizarse na reestruturación da rede de Paradores Nacionales de Turismo, símbolo de calidade, de preservación e conservación do Patrimonio Histórico-Artístico e mesmo de España no estranxeiro".

ÿ unha rede, di o socialista, que ben xestionada, é viable e rendible a curto prazo. Pero que as "ocorrencias como os futuros miniparadores sen clientes de Louzán" son o equivalente tardío a outros "excesos do pasado" como os aeroportos sen avións, as  bibliotecas de deseño sen libros, os recintos feirais sen feiras e os estadios de fútbol para equipos en categoría rexional.

Arquivado en