Lores trasladará o luns no encontro con Rueda o seu malestar polos orzamentos "decepcionantes" da Xunta

Pontevedra
21 de outubro 2023

César Mosquera, concelleiro de Infraestruturas, analizou o presuposto autonómico para 2024 destacando a ausencia de partidas por parte da Xunta de Galicia para o proxecto da variante de Alba ou a rehabilitación do convento de Santa Clara. Asegura que las cantidades presentadas para Pontevedra responden a proyectos "que van atrasados. Non hai absolutamente nada máis"

César Mosquera, concelleiro de Infraestruturas Concello de Pontevedra

César Mosquera, concelleiro de Infraestruturas, mostraba a súa preocupación este sábado ao analizar os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2024 ao comprobar que neles non figuras proxectos necesarios para Pontevedra como a variante de Alba nin a rehabilitación de Santa Clara.

"Presentan unhas cantidades para pagar proxectos que van atrasados", manifestou o edil ao referirse ao goberno da administración autonómico en relación cos investimentos que ten previsto realizar en Pontevedra: "Non hai absolutamente nada".

Mosquera mostrouse crítico ao entender que nos orzamentos non se reflicte vontade de acometer cuestións de futuro incidindo na falta de partidas destinadas á dragaxe da ría; a rehabilitación de Santa Clara na que a Xunta manifestara a súa intención de participar ou na creación da variante de Alba.

No caso da variante, Mosquera lembrou que en 2023 figuraba nos orzamentos unha partida deixando aberta a posibilidade de que se iniciase. Lamentou que agora non se contemple cando "é o será máis necesaria que nunca" ao estar previsto o inicio das obras no Nó de Bombeiros.

Explicou que non existen cruces entre a estrada de Vilagarcía e a estrada de Santiago ata o municipio de Barro agás o de San Caetano "que é un bo sitio para que estampen os camións", apuntou o concelleiro denunciando o trazado "moi deficiente" sen garantías de seguridade viaria acorde a estes tempos.

En canto a Santa Clara, Mosquera mantén que os cambios na rehabilitación anunciados por Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación e portavoz municipal do PP, eran unha escusa para atrasar ou para paralizar o proxecto. "Que problema habería en amosar nos orzamentos aínda que fose a vontade de facelo, de incluír Santa Clara? 100.000 ou 200.000 euros para comezar. Nin se puxo", concluíu o representante nacionalista.

#Ante esta situación, avanzou que na axenda de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, de cara ao encontro que manterá o luns 23 con Alfonso Rueda, presidente da Xunta, está previsto trasladar todas estas demandas #ante uns orzamentos que cualificou de "decepcionantes" e "desesperanzadores" para o futuro do municipio.

Segundo o concelleiro do goberno do BNG, o diñeiro que destinará a Xunta a Pontevedra neses orzamentos só tenta "pagar as obras que están en marcha ou que están a piques de iniciarse", poñendo como exemplo o novo Hospital Montecelo ou as obras previstas no IES Valle.Inclán, ambas pertencentes á propia Xunta de Galicia.