Lores, sobre o lecer nocturno: "Os locais pechan porque non están a cumprir a normativa, non por capricho do Concello"

Pontevedra
17 de marzo 2025
Actualizado: 19:34

O peche do pub Patrimonio da rúa Charino a pasada fin de semana volveu traer á actualidade a situación do lecer nocturno e as queixas do sector ao Peprica e o goberno local

Rúa Charino de Pontevedra
Rúa Charino de Pontevedra Mónica Patxot

O peche do pub Patrimonio da rúa Charino de Pontevedra a pasada fin de semana volveu traer á actualidade a situación do lecer nocturno en Pontevedra e as queixas dos empresarios á política municipal.

Nesta ocasión, o local de copas pechou como resultado dun expediente iniciado por queixas veciñais de vivendas turísticas situadas xusto en fronte do local.

O peche ampárase no Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística (PEPRICA) do casco históricou de Pontevedra, unha norma do ano 2003 que impón limitacións á hora de realizar reformas e abrir novos negocios na zona.

Fontes municipais explican que, tras as denuncias veciñais, realizouse unha inspección, á que o Concello está obrigado por lei, e detectáronse varias irregularidades. Así, segundo puido saber este xornal, nos últimos 20 anos realizar obras que supuxeron o peche de ocos, despazar a barra ou utilizar a terraza traseira, ademais de carecer de extintores.

O resultado é que as actuacións realizadas sen licenza, ademais, non eran legalizables, de modo que se acordou o peche. O expediente ten unha antigüidade dun ano e medio.

Non é o único local que pechou na zona nos últimos meses. También pechou 'Dr Livingstone, Supoño' na travesía de Charino, no seu caso porque tiña licenza de restaurante e actuaba como pub.

Tamén outros dous locais de copas da rúa Charino próximos a Patrimonio teñen orde de cierre.

O sector realizou críticas nos últimos meses á politica municipal, que impide a apertura de novos locais e limita as reformas nos actuais. Respecto diso, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, respondeu este luns que "os locais que pechan é porque non están a cumprir a normativa, non por capricho do Concello".

O alcalde lembrou que hai anos, por unanimidade, "no Concello decidiuse que había que reducir os locais de lecer porque había un exceso e había queixas e estaba o centro historico converténdose nun espazo nocturno". Por iso paráronse as novas licenzas, pero non iso non impide que os actuais poidan seguir actuando a condición de que se adapten á normativa.

"Estamos preocupados pola seguridade", insiste Lores, que tamén indica que reciben moitas denuncias veciñais e os técnicos municipais teñen a obrigación de comprobar ese tipo de cuestións.

Así, "si hai denuncias hai que estudar esas denuncias e facer inspeccións e si non se corrixen, ou non se poden facer, péchanse os locais". Ademais, asegura que cando se pecha un local é porque non se corrixen as deficiencias, "porque non é posible corrixilas ou porque non lle dá a gana de corrixilas".

Nega o alcalde que o Concello non autorice reformas, a condición é que se adapten ao Peprica. "Si a obra que hai que facer é legal e encaixa dentro da normativa, nós non temos inconvinte ningún".

Lores insiste en que a intención municipal é "resolver os problemas", pero "o que non podemos é saltar a normativa actual, que obviamente cada vez é máis restritiva".

Ademais, defende que o Peprica é un bo plan e que segue a idea de que "a zona monumental sexa unha zona viva, que viva xente nela, que non sexa un museo para os turistas ou para un tipo de actividade restritiva dun horario determinado".

Tamén nega que teñan unha cruzada contra o lecer nocturno. "Nós non queremos que desapareza ningunha actividade que xera actividade económica na cidade", indica e asegura que sempre "se estudan todas as posibilidades de manter todas as actividades, até a extenuación, por parte dos ténicos e dos responsables políticos", de nodo que cando se produce un peche "é porque non hai alternativa ningunha".