Loli celebra os seus 90 anos tras tres lustros asistindo sen interrupción a Expresión Corporal

Pontevedra
18 de maio 2024

O Espazo +60 Afundación de Pontevedra no Café Moderno celebraba, con compañeiros de actividade, a homenaxe a súa socia Dolores Cendón Tomé no seu noventa aniversario

Celebración do 90 aniversario de Dolores Cendón Tomé Afundación

Dolores Cendón Tomé, máis coñecida como Loli, é unha socia voluntaria do Espazo +60 de Afundación en Pontevedra. 

Este xoves celebraba os seus 90 anos e todas as persoas que comparten con ela actividades neste espazo acompañárona na conmemoración.

Loli é recoñecida por todos porque leva máis de quince anos sen faltar un só día á actividade de Expresión Corporal. 

Con esta actividade, ela mantense activa e tamén tenta que todas as persoas que a acompañen se amosen alegres e optimistas.

Estas sesións forman parte do programa 'O valor da experiencia', unha proposta para aproveitar o talento e coñecementos vitais e profesionais dos participantes para fomentar iniciativas entre as persoas de idade avanzada.