A Praza de España e a avenida de Montero Ríos volverán acoller entre o venres 20 e o domingo 22 de maio unha nova edición da Feira da Saúde e o Benestar PonteSán. Nesta terceira convocatoria, as actividades e Charlas centraranse principalmente na saúde mental e nas consecuencias da pandemia sobre a depresión en determinadas franxas da poboación.
Este martes, o concelleiro de Deportes e Saúde, Tino Fernández, e a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, presentaban esta iniciativa que permitirá visibilizar a corenta entidades socio-sanitarias sen ánimo de lucro que traballan para mellorar as vidas e saúde da poboación en Galicia. Trátase da participación máis elevada desde o inicio de PonteSán.
Nesta ocasión ofrécense multitude de actividades deportivas e lúdicas para fomentar a socialización e a práctica deportiva con propostas, entre outras, como fútbol a pé, dancehall, papiroflexia, un campionato de petanca, unha camiñada solidaria ou unha Sesión de showcooking. Pero tamén se desenvolverán outras actividades como unha Charla sobre aprender a quererse e coidarse; un Relatorio sobre a procura da boa saúde mental, co fomento de estilos de vida saudables; e un punto de asesoramento psicolóxico.
Tino Fernández explicou que esta feira convértese na "máis importante de Galicia que se celebra neste campo das entidades socio-sanitarias" e sinalou a importancia do traballo destes colectivos que axudan ás persoas para "saber que non estás só, que hai xente que che entende e que che apoia cando estás desorientado", indicou o concelleiro de Deportes e Saúde.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE PONTESÁN 2022
- VENRES 20
CARPA DE EXPOSITORES (ZONA
12:00 Punto de asesoramento e información sobre saúde mental a cargo de Marta Boquete, psicóloga sanitaria. Asociación Alba. (1 hora)
12:00 Relatorio sobre saúde mental. Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.
13:00 Charla Aprende a quererte e cuidarte, para mellorar a túa xestión emocional. Imparte Nieves Fernández, voluntaria de Cruz Vermella. (1 hora)
17:00 Relatorio. Na procura dunha boa saúde mental. Charla participativa sobre como fomentar estilos de vida saudables de cara a unha mellor saúde mental. Montse García, psicóloga clínica. Asociación Alba. (1 hora)
18:00 Presentación da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO). Juan José Otero e Maribel Vázquez, membros da directiva. (30 minutos).
18:30 Presentación de 'El revolucionario mundo de los probióticos', Olalla Otero, doctora en bioloxía, xunto ASSEII.
19:00 Presentación Cambiadores inclusivos. ASSEII.
CARPA DE ACTIVIDADES (ZONA B)
12:30 Obradoiro de Percuterapia á cargo de Pedro Campos. (90 minutos).
17:00 Obradoiro de Exercicios hipopresivos. Técnicas posturales que provocan un descenso da presión intraabdominal e unha activación reflexa dos músculos do suelo pélvico e da faixa abdominal. Imparte: Sara Malvido Malvido, monitora de ADICAM. (1 hora)
18:00 Obradoiro Cociña saudable adaptada á enfermidade renal, con técnicas para a disminución de potasio. Laura Faílde (Nutricionista da Federación Alcer Galicia). (1 hora)
19:00 Mesa redonda. Importancia do deporte na saúde física e mental. Participan todas as asociacións e federacións deportivas presentes na feira e modera Roberto Silva, colexiado do COLEF.
EXTERIOR (ZONA C: AVENIDA MONTERO RÍOS)
17:00 Exhibición de Petanca. Avenida Montero Ríos.
17:00 Fútbol a pé. Avenida Montero Ríos.
- SÁBADO 21
CARPA DE EXPOSITORES (ZONA A)
12:00 Charla e demostración: Texturizados saudables, como adaptar a textura dos alimentos se sofres disfaxia. A cargo de Viviane Manuela Ramil, logopeda da Asociación Amencer-Aspace. (1 hora)
13:30 Relatorio. Cómo conectar contigo. Autocuidado e xestión emocional. Chega ao autocuidado coa túa transformación persoal a través do autocoñecemento. Vanesa Parada e Iria Núñez, psicólogas de ADICAM. (30 minutos).
17:00 Relatorio Proxecto HimELAya - Grito de vida, que ten como obxectivo lograr que un enfermo de ELA chegue á maior altura que xamais puido acadar un doente, o Campo Base do Everest con 5,364 metros de altitude, e unha vez alí lance o seu grito de loita polo dereito de vivir. Presentan Nuria Graña e Pilar Guimeráns da Asociación AGAELA. (45 minutos).
18:00 Presentación da Asociación Art for Dent (Asociación GalEGa da enfermidade de Dent) a cargo de María Castelao (presidenta) e Fernando Yáñez (secretario). (15 minutos).
18:30 Charla Cómo podes previr e detectar un ictus. Síntomas que aparecen cando se sofre esta patoloxía. Cruz Vermella. (1 hora)
19:30 Presentación Tenis de Mesa: un deporte para todos e todas. Onde todo o mundo ten cabida! Club Tenis de Mesa Monte Porreiro. (30-45 minutos).
CARPA DE ACTIVIDADES (ZONA B)
11:00 Sesión de TaiChi Qigon, aprende exercicios e movementos así como formas de respirar e relaxarse. Rita Rodríguez, ASEARPO. (45 min – 1 hora).
12:00 Sesións de Risoterapia, coñece os beneficios que ten a risa na túa saúde. O teu corpo ten todos os elementos necesarios para poder rir. Imparte Mar García, Risotadas. (1 hora y media).
13:30 Charla e showcooking Aliños orixinais para as túas ensaladas. Almudena Seijido, vogal do Colexio oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia. (1 hora).
17:00 Exhibicióne clase de Fit Dance Danza = Saúde. Libera endorfinas e descobre os beneficios da danza para a saúde física e emocional. Imparte Galidance. (45 minutos).
18:00 Mesa redonda O benestar emocional nos colectivos sociosanitarios.
19:00 Obradoiro de Papiroflexia para nenos e adultos xunto cun relato metafórico en torno ao benestar. Dirixen Ma Isabel Bujía e Germán Iglesias. Asociación Alba. (1 hora)
EXTERIOR (ZONA C: AVENIDA MONTERO RÍOS)
Campionato de Petanca. Avenida Montero Ríos.
12:00 Exhibición Tenis de Mesa. Atrévete a participar, sen límites! Club Tenis de Mesa Monte Porreiro. (1 hora)
18:30 Pasarrúas. Experiencia Máis Cantos. Unha iniciativa de vibración conxunta! A cargo de Nelson Quinteiro. Xuntanza na Avenida Montero Ríos.
- DOMINGO 22
CARPA DE EXPOSITORES (ZONA A)
10:00 Relatorio Os beneficios na saúde mental da boa práctica de exercicio físico. Imparte Laura Iglesias, Colexiada do COLEF. (30 minutos).
11:00 Charla Cómo mellorar a nosa saúde física cando temos unha enfermidade reumática. Imparte José León, xerente da Liga Reumatolóxica Galega. (45 minutos).
11:00 Punto de asesoramento e información sobre saúde mental a cargo de Marta Boquete, psicóloga sanitaria. Asociación Alba. (1 hora)
12:30 Charla para familias. Alimentación saudable para os teu fillos e fillas! Lactancia e primeira infancia. Pautas para adquirir hábitos para unha alimentación saudable e equilibrada. Alimentación saludable. Cruz Vermella. (1 hora)
13:30 Clausura de PONTESÁN e lectura do manifesto pola saúde.
CARPA DE ACTIVIDADES (ZONA B)
10:00 Obradoiro Primeiros auxilios básicos. Pautas para realizar correctamente unha RCP e resolver un atragoamento (maniobra de Heimlich). Ana Buján (Enfermeira e voluntaria de Cruz Vermella). (1 hora)
11:00 Obradoiro de Papiroflexia para nenos e adultos xa.unto cun relato metafórico en torno ao benestar. Dirixen Ma Isabel Bujía e Germán Iglesias. Asociación Alba. (1 hora)
12:00 Exhibición e clase de Dancehall Danza = Saúde. Libera endorfinas e descobre os beneficios da danza para a saúde física e emocional. Imparte Galidance. (45 minutos).
EXTERIOR (ZONA C: AVENIDA MONTERO RÍOS)
10:00 Andaina solidaria PonteSán.. Un camiño para tod@s. Saída desde Avda. Montero Ríos.
10:30 Obradoiro Iniciación á practica do ioga para toda a familia. Imparte Maite Guzmán, colexiada do COLEF.