Lixeira subida do paro en novembro en Pontevedra

Pontevedra
04 de decembro 2017
Actualizado: 19:56

O número de persoas demandantes de emprego sitúase en 74.475 na provincia, 174 máis que un mes antes.  O incremento rexistrado sitúase no 0,23%, o máis baixo de toda Galicia. No conxunto da comunidade, o número de persoas en paro rexistradas aumentou un 0,68%

Traballador en Pontevedra Mónica Patxot

Por terceiro mes consecutivo, os datos de desemprego na cidade de Pontevedra non foron positivos. Un total de 68 pontevedreses máis sumáronse ás listas do paro no mes de novembro, segundo informou este luns a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, a 30 de novembro había na Boa Vila 6.240 persoas sen emprego, un 1,08% máis que o mes anterior.

Este aumento foi xeneralizado en todos os concellos da área de influencia de Pontevedra, agás as excepcións de Barro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Moraña, Ponte Caldelas e Vilaboa. Os maiores incrementos, con todo, déronse en Sanxenxo e O Grove.

  Novembro    Outubro      Variación 
Pontevedra6.2406.17268
Barro288297-9
Bueu81979029
Caldas de Reis80678818
Cambados1.1131.08231
Campo Lameiro1431403
Cerdedo-Cotobade365372-7
Cuntis337338-1
O Grove985829156
A Illa de Arousa302314-8
A Lama18117011
Marín1.8211.79526
Meaño41639323
Meis3843795
Moraña347362-15
Poio1.1841.1768
Ponte Caldelas530555-25
Portas210219-9
Ribadumia3673589
Sanxenxo1.3121.179133
Vilaboa431441-10
Vilagarcía de Arousa3.6453.57768
Vilanova de Arousa      8057978

 

DATOS PROVINCIAIS

O paro rexistrou un lixeiro incremento na provincia de Pontevedra durante o mes de novembro. O número de demandantes de emprego sitúase en 74.475 persoas, 174 máis que un mes antes

O incremento rexistrado sitúase no 0,23%, o máis baixo de toda Galicia. No conxunto da comunidade, o número de persoas en paro rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) aumentou un 0,68%, sendo A Coruña (1,03%) e Lugo (1,38) as provincias con maior aumento. En Ourense creceu menos, pero, en todo caso, máis que na provincia de  Ponteveda, un 0,47%. 

Galicia pechou novembro con 187.175 inscritos como demandantes de traballo nos servizos públicos de emprego. A pesar de que a provincia de Pontevedra é a que menos incremento rexistrou no número de parados, é a que ten maior número de parados, 74.475 fronte aos 73.978 da Coruña. Lugo (18.321) e Ourense (20.401) teñen menor número de poboación e tamén de desempregados. 

Segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no último ano o paro diminuíu na provincia de Pontevedra en 6.720 persoas, un 8,28%, con respecto a un ano antes, novembro de 2016.

En España, o número de parados rexistrados nas oficinas do paro subiu en novembro en 7.255 desempregados respecto ao mes anterior (un incremento do 0,2%), situándose en 3.474.281 desempregados, o nivel máis baixo do últimos oito anos.

Arquivado en