Lixeira suba do desemprego: Pontevedra suma 19 parados máis en febreiro

Pontevedra
02 de marzo 2017

Galicia é unha das comunidades autónomas nas que o desemprego baixou en febreiro. Rompe así unha tendencia alcista de cinco meses. Pero Pontevedra non seguiu a mesma tónica. Nin a nivel provincial nin local. 19 persoas engrosaron as listas do paro na cidade do Lérez, alcanzando un total de 6.825 desempregados, un 0,28% máis que o mes anterior

Dos persoas traballando Mónica Patxot

Galicia é unha das comunidades autónomas nas que o desemprego baixou en febreiro. Rompe así unha tendencia alcista de cinco meses. Pero Pontevedra non seguiu a mesma tónica. Nin a nivel provincial nin local. 19 persoas engrosaron as listas do paro na cidade do Lérez, alcanzando un total de 6.825 desempregados, un 0,28% máis que o mes anterior.

En termos interanuais, os datos son algo máis positivos. Nos últimos doce meses, o paro reduciuse en Pontevedra en 842 persoas, un 10,98%, desde os 7.667 desempregados que había na cidade en febreiro de 2016.

Con todo, varios concellos da área de influencia de Pontevedra si lograron reducir o desemprego en febreiro. Así, localidades como Sanxenxo, Caldas de Reis, Barro, Cuntis, Vilaboa ou Ponte Caldelas, entre outras, rexistraron menos parados que o mes anterior.

    Febreiro   Xaneiro     Variación
Pontevedra6.8256.80619
Barro356368-12
Bueu95892929
Caldas de Reis914955-41
Cambados1.3291.29534
Campo Lameiro177184-7
Cerdedo-Cotobade4664597
Cuntis404419-15
O Grove1.1501.154-4
A Illa de Arousa38035822
A Lama2162133
Marín2.0292.00227
Meaño479486-7
Meis437442-5
Moraña4424402
Poio1.3501.3419
Ponte Caldelas609610-1
Portas2622611
Ribadumia39738512
Sanxenxo1.4031.419-16
Vilaboa520525-5
Vilagarcía de Arousa4.0774.01958
Vilanova de Arousa      94292616

 

DATOS PROVINCIAIS

Por provincias, o desemprego caeu en todas salvo en Pontevedra, onde aumentou en 157 persoas, un 0,19%, segundo os datos que fixo públicos o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Así, o total de parados na provincia sitúase en 84.738 persoas.

No conxunto estatal, o paro baixou en febreiro en 9.355 desempregados respecto ao mes anterior (-0,2%), o seu segundo mellor rexistro nun mes de febreiro desde 2005. En total, están sen emprego 3.750.876 persoas, polo que continúa nos niveis máis baixos do últimos sete anos.

Arquivado en