Licenza para un edificio con 56 novas vivendas que seguirá dinamizando a zona de Tafisa

Pontevedra
03 de outubro 2024

O edificio contempla dous sotos, seis plantas e baixo cuberta e Lores destacou que prevé 89 prazas de garaxe, case dúas por vivenda, que garante que os coches non ocupen a rúa. "O espazo público debería ser para outras cousas, obviamente, non para aparcar vehículos"

Zona de Tafisa Mónica Patxot

A zona da antiga Tafisa seguirá crecendo cun novo proxecto ao que acaba de dar luz verde a Xunta de Goberno de Pontevedra. Este xoves aprobouse a licenza para a construción dun edificio con 56 novas vivendas. 

O proxecto, presentado pola cooperativa Andares do Lérez, prevé un investimento de 4,4 millóns na rúa Ernestina Otero

O edificio contempla dous sotos, seis plantas e baixo cuberta e está pensado para 56 vivendas e 89 prazas de garaxe

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou a aprobación da licenza e destacou esas 89 prazas de garaxe, case dúas por vivenda, que garante que os coches non ocupen o espazo público.  "O espazo público debería ser para outras cousas, obviamente, non para aparcar vehículos"

Este edificio ten unha previsión de dous anos de obras e supón construír 9.185 metros cadrados.