Leve descenso do paro en abril ligado ao sector servizos

Pontevedra
04 de maio 2022

O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este mércores o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo  Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 104 persoas o que sitúa o total de desempregados na capital en 5.023. En xeral experimentouse un leve descenso do paro en abril ligado ao sector servizos  

Unha muller traballando Xunta de Galicia

O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este mércores o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 104 persoas o que sitúa o total de desempregados na capital en 5.023.

En xeral experimentouse un leve descenso do paro en abril ligado ao sector servizos.

Así en Poio hai 985 desempregados (o que supón unha baixada de -19); Barro, 212 (2); Campo Lameiro, 87 (-3); Cerdedo-Cotobade 275 (-6); A Lama, 142 (0); Vilaboa, 321 (7); Bueu, 710 (-11); Marín, 1.348 (-30).

Na comarca do Salnés-Arousa: Cambados, 887 (-6); O Grove, 780 (-102); Meaño, 268 (-23); Meis, 281 (9); Ribadumia, 258 (4); Sanxenxo, 859 (-78); Vilagarcía, 2.914 (-72); Vilanova de Arousa 2.914 (-72); A Illa de Arousa, 228 (-11).

Na comarca do Umia: Caldas de Reis, 547 (-14); Cuntis, 204 (-15); Moraña, 233 (-7); Portas, 162 (-8).

PROVINCIA

Na provincia de Pontevedra, o número de desocupados baixou en 947 persoas, ata 59.633. 

Na Coruña o paro baixou en 1.427 persoas en abril, ata 59.363 desempregados, mentres que en Lugo creáronse 409 postos de traballo, quedándose con 14.248 parados. Ourense foi a única provincia galega onde creceu o desemprego, con 49 parados máis, ata 17.358 desocupados.

GALICIA

O número de persoas paradas baixou en 2.734 persoas en Galicia durante o mes de abril (-1,78%). Con este descenso, o número de persoas desempregadas na comunidade galega situouse nas 150.602, é dicir, 20.176 parados menos que hai un ano (-11,81%).

ESPAÑA

A nivel nacional, o número de parados rexistrados baixou en 86.260 desempregados no mes de abril (-2,77%), duplicando o descenso que experimentou no mesmo mes de 2021, cando retrocedeu en 39.012 persoas.

A cifra total de desempregados sitúase en 3.022.503 persoas, o seu menor nivel nun mes de abril desde 2008, sempre segundo datos do Ministerio.

 

Arquivado en