Leccións de ecoloxía e arte rupestre no colexio da Reigosa

Ponte Caldelas
06 de abril 2016

Os rapaces elaboraron unha unidade didáctica será intercambiada con outro traballo similar que farán os escolares do colexio do concello veciño de Fornelos de Montes

Visita a área arqueolóxica de Tourón Concello de Ponte Caldelas

Os alumnos do Colexio da Reigosa participaron nun proxecto de Normalización Lingüística e nunha prantación de árbores autóctonas levado a cabo na área arqueolóxica de Tourón.

Os rapaces elaboraron unha unidade didáctica que será intercambiada con outro traballo similar que farán os escolares do colexio do concello veciño de Fornelos de Montes.

Á súa chegada a Tourón xa lles agardaba o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e unha técnico encargada das visitas guiadas á área arqueolóxica quen lles orientou sobre as distintas composicións pétreas existentes na zona que foron percorrendo na compaña dos seus mestres.

PROXECTO ECOLÓXICO

Por outra banda, os máis cativos protagonizaron unha pequena excursión a pé desde a aula de interpretación da área arqueolóxica ata a explanada onde se atopan unhas figuras de ferro alegóricas dos antigos cervos que na época castrexa poboaban os montes de Tourón.

Nas inmediacións desa zona agardábanlles uns operarios municipais cos buracos feitos xa na terra para, entre todos, prantar varias árbores autóctonas.

PODA NA ALAMEDA DE TOURÓN

Ademais, o Concello de Ponte Caldelas procedeu a realizar labores de poda e conservación nas árbores que conforman a alameda de Tourón, ao carón do atrio da igrexa e que dan realce á casa do pobo.

Este labor tamén se está levando a cabo en Vilarchán, Santana, A Insua, zonas comúns e torreiros das festas, así como a Alameda de Ponte Caldelas e o CEIP Cordo Boullosa, para evitar posibles situacións de perigo para os cativos por mor das árbores.

Arquivado en