"Laura era buena y dulce. Una pena, 23 años"

Pontevedra
26 de xullo 2013

A que recordaba á vítima mortal pontevedresa era a nai do seu mozo, que acudiu ao edificio Cersia de Santiago para informarse sobre as últimas novidades da catástrofe e sobre o desenlace para Laura dunha viaxe que llas prometía feliz, regresaba xusto despois de presentar o seu proxecto de fin de máster na Universidade Complutense de Madrid

"Laura era buena y dulce. Una pena, 23 años", dicía este xoves unha muller ás portas do edificio Cersia, centro de coordinación e información do accidente ferroviario e punto de atención ás familias das vítimas. Falaba da pontevedresa Laura de Juan Portela, que encontrou a morte nas vías con tan só 23 anos. O 7 de setembro tería cumprido 24.

A que recordaba á vítima mortal pontevedresa era a nai do seu mozo, que acudiu ao edificio Cersia de Santiago para informarse sobre as últimas novidades da catástrofe e sobre o desenlace para Laura dunha viaxe que llas prometía feliz, regresaba xusto despois de presentar o seu proxecto de fin de máster na Universidade Complutense de Madrid.

A falecida volvía a casa por vacacións e cun contrato predoutoral para persoal de investigación debaixo do brazo, de modo que a súa chegada debía ser unha celebración. O contrato era para o Instituto de Ciencias Matemáticas do Centro Superior de Investigacións Científicas. Rompeuse a menos de catro quilómetros da estación, en Angrois, xusto na curva da Grandeira, un lugar que quedou gravado no imaxinario colectivo para a historia.

O mozo de Laura comunicou á súa nai que a rapaza ía nos trens. Ela chamáballe para preocuparse polo seu fillo, para saber se lle pasara algo por todo o que estaba a suceder en Santiago, pero a noticia que recibiu foi peor, el comunicoulle que a rapaza ía no Alvia sinistrado e que non sabía nada dela.

"Yo no lo sabía. Sabía que venía a finales de mes pero no cuándo. A partir de ahí ya no sé qué me dijo, yo ya no me acuerdo. Quise ir, pero mi hijo me dijo, no vengas, esto es un caos", sinala esta muller en declaracións recollidas pola axencia Efe.

Estaba a relatar un caótico accidente no que finalmente, ao longo da mañá deste xoves, se confirmaron os peores augurios para a familia de Laura. O seu pai é cirurxián e traballa no Hospital Montecelo de Pontevedra e a súa nai é funcionaria de Educación.