Lasaña con bacallau á biscaíña de Conservas Pescamar

Pontevedra
12 de setembro 2020

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita italiana, a lasaña, un prato que admite entre os seus ingredientes tanto peixes, como verduras ou carnes. Nesta ocasión, aproveitamos as calidades que nos ofrece o bacallau, un peixe branco con proteínas de alto valor biolóxico

Lasaña Luke Johnson en Unsplash

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita italiana, a lasaña, un prato que admite entre os seus ingredientes tanto peixes, como verduras ou carnes. Nesta ocasión, imos aproveitar as excelentes calidades do bacallau de Conservas Pescamar.

O bacallau é un peixe branco con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior á dalgunhas carnes. É un peixe moi axeitado para dietas de control de peso, por ser baixo en calorías e en graxas. As graxas que achega son en forma de omega 3, moi beneficiosas para a saúde cardiovascular.

Para preparar esta deliciosa  Lasaña con bacallau á biscaíña de Conservas Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes para 2 persoas:

- 2 latas de Bacallau á biscaíña Pescamar

- 6 láminas grandes de pasta para lasaña

- 180 g de verduras sobrantes doutro guiso

- 1 cebola

- 120 g de queixo de cabra

- 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra

- Sal

- Pementa

- Ourego

Preparación:

Poñemos nun cazo auga con sal a ferver. Cando xa estea a ferver, engádense as láminas de pasta durante 5 minutos, ata que queden al dente para que non rompan.

Mentres tanto, nunha tixola engadimos un chorriño de aceite e douramos a cebola previamente cortado en anacos.

Unha vez que temos preparados os ingredientes, montamos a lasaña nun molde para forno, onde poñeremos un chorriño de aceite e fariña para que non se pegue.

Primeiro colocamos unha lámina. Enriba, unha parte de verduras e outra co contido esmigallado de media lata de Bacallau á biscaíña Pescamar (coa salsa incluída). Botamos un chisco de pementa.

A continuación, unha segunda lámina, a mestura de verduras e o contido esmigallado de media lata de Bacallau á biscaíña Pescamar (coa salsa incluída). Botamos un chisco de pementa. Cubrimos cunha terceira lámina.

Enriba desta última lámina, poñemos queixo de cabra cortado en rodas moi finas e empoamos ourego ao gusto.

Procederemos da mesma maneira coa segunda lasaña. A continuación, introducimos o molde no forno durante 5 minutos a 250º C en grella.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.