La Primitiva volve repartir sorte en Pontevedra cun premio de 734.000 euros

Pontevedra
20 de xuño 2021

A Pontevedra volveulle a sorrir a sorte no sorteo da Primitiva. Un boleto selado na cidade foi o afortunado gañador dun premio de 733.943 euros. Foi rexistrado na Administración de Loterías número 2 de Pontevedra, situada na rúa Joaquín Costa

Administración de Loterías número 2 de Pontevedra, en Joaquín Costa PontevedraViva

A Pontevedra volveulle a sorrir a sorte no sorteo da Primitiva. Un boleto selado na cidade foi o afortunado gañador dun premio de 733.943 euros.

O seu propietario ou propietaria logrou acertar os seis números da combinación gañadora do sorteo deste sábado, que foron 8 - 15 - 19 - 29 - 38 - 48.

O complementario, innecesario para o gañador do sorteo, foi o 37.

O boleto foi rexistrado na Administración de Loterías número 2 de Pontevedra, situada na rúa Joaquín Costa, segundo informan desde Loterías e Apostas do Estado.

Ademais do de Pontevedra, houbo outro gañador de primeira categoría (seis acertos) no sorteo da Primitiva. Foi unha persoa que xogou en Pamplona.