La Mattina. Pistas para as Súas Maxestades de Oriente

Pontevedra
23 de decembro 2014

A reporteira Sylvie Tartán ofrecénos un achegamento a un novo establecemento comercial en Pontevedra, La Mattina, con motivo da procura de agasallos para estas festas do Nadal

Sylvie Tartán entre as dúas propietarias de La Mattina Sylvie Tartán

Queridos lectores, é momento de comezar a redactar a carta aos Reis Magos e, como todo na vida, hai certas normas para que as cousas saian ben. En primeiro lugar, non ter feito moitas perrerías ao longo do ano. Non fai falta ser un santo pero de todos é sabido que se conseguen máis puntos cambiables por regalos con boas obras. En segundo lugar, a carta, mellor manuscrita, nada de ordenador! De acordo con esta premisa, se é posible, empregade o servizo de Correos e abandonade o método de comunicación por "correo electrónico". En Oriente aínda son moi clásicos e prefiren o tradicional, o de toda a vida. Saben que se isto empeza a modernizarse, ata a súa propia monarquía podería irse a pique, así que, insisto, carta de puño e letra da persoa solicitante. E en terceiro lugar, sempre hai que facilitarlles o traballo. Se un vive enPontevedra, o ideal é pedirlles algo que poidan encontrar aquí porque, loxicamente, non veñen cargando dende Oriente co macuto. Van adquirindo os distintos regalos nas cidades e poboacións polas que van pasando.

subir imagen

"A Adoración dos Reis Magos" de Benvenuto Tisi dá Garofalo.
Feitas estas aclaracións e recordatorios, eu, que me avituallei xa con pluma e papel, estoulles a comentar, así, como quen non quere a cousa, que o pasado sábado 13 de decembro, se inaugurou na cidade de Pontevedra unha preciosa tenda de complementos e accesorios: La Mattina, en Cruz Gallástegui, 1.

Nótase a man do arquitecto Julio de Bernardo, vai encantarvos o local!
As súas propietarias, Yolanda García e Beatriz Rodríguez, tras traballar xuntas durante dezasete anos, nada máis e nada menos, e viñendo dun mundo tan diferente ao da moda como é o da construción, decidiron dar un xiro as súas vidas e dedicarse a súa paixón, algo que comeza a ser denominador común en todos os emprendedores.

Estética coidadísima en toda a tenda. Na imaxe, bolsos minimalistas de Furla.

Elegantes bolsos de Liu-Jo. Como teredes adiviñado xa ten accesorios para a vindeira primavera.

Tras analizar o mercado, examinar posibilidades de franquicias, etc. decidiron montar esta tenda multimarca que dá un pulo máis ao comercio de Pontevedra de calidade que é polo que apostamos sempre. Neste ámbito, marcas consolidadas como as italinas Liu-Joe Furla, e descubrimentos que son de aplauso como as marcas españolas Zubi, Tita Madrid ou The Lunch Bagrevitalizan a oferta que ata agora tiñamos para cubrir as nosas necesidades de ir á moda con inversións intelixentes en bos complementos.

Bolso de Tita Madrid, unha marca que aposta pola calidade da marca España e desenvolve os seus produtos en talleres españois.

Carteira de estampado vexetal da firma Zubi, tamén 100% feito en España.

E seguimos a descubrir marcas, como a da estilista Mapi Sanz, The Lunch Bag, que se inventou un novo concepto de carteira. Ideal!
Bolsos, carteiras, billeteiras, chaveiros, e cintos, gozarán próximamente neste local da compañía de plumíferos, vaqueiros e máis surtido de accesorios. As famosas alpargatas de Mint & Rose formarán parte das novidades para a nova tempada e estou segura de que haberá algunha sorpresa máis.

Efectivamente, ¡lévanse as carteiras! Malia que máis incómodas para algunhas mulleres, dán un aire sofisticado inigualable. Merecen a pena!
Pasade por La Mattina e facede a vosa elección en Cruz Gallástegui, 1, Pontevedra. Eu agardo que os Reis Magos me traian algo de aquí e no lles dea polo carbón, que malia que agora é toda unha rareza, case que prefiro un destes bolsiños.

Coas encantadoras Beatriz e Yolanda, ¡moita sorte mozas!
Desexámoslles todo o mellor nesta nova andaina profesional, agradecémoslles que nos traian moda italiana de calidade e que nos descubran moda española que está á mesma altura. Así dá gusto!
Bicos, apertas e a escribir!