Kiko da Silva formaliza a demanda contra o PP polas súas declaracións sobre o cartel do Entroido

Pontevedra
09 de xaneiro 2021

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, comunicou este sábado que recibiu a demanda que anunciara o debuxante Kiko da Silva contra el polas súas declaracións relacionadas sobre o cartel do  Entroido de Pontevedra de 2020, nas que o líder 'popular' cuestionaba que o seu deseño adxudicouse "a dedo"  

Rafa Domínguez Mónica Patxot

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, comunicou este sábado que recibiu a demanda que anunciara o debuxante Kiko da Silva contra el polas súas declaracións relacionadas sobre o cartel do  Entroido de Pontevedra de 2020, nas que o líder 'popular' cuestionaba que o seu deseño adxudicouse "a dedo". 

Segundo informou o PP a través dun comunicado, Rafa Domínguez declarou que "as demandas do BNG non me amedrentan. Sacaremos máis contratos que xa estamos a estudar ao detalle" e adiantou que estas accións "non van interferir no labor de fiscalización que estamos a realizar desde o Partido Popular de Pontevedra".

 Así mesmo, Domínguez engadiu que lamenta "profundamente a xudicialización da vida política local e aviso ao Bloque Nacionalista Galego que "aos xulgados podemos ir todos" e indica que "o que non poden pretender é tratar de obstaculizar o noso traballo, e menos cando foron os pontevedreses os que nos elixiron para levar a cabo unha función de control sobre o que acontece no Concello de Pontevedra".

Finalmente, o 'popular' reiterou que seguirán estudando e sacando os contratos realizados polo BNG porque "nin me acovarda que me demanden os nacionalistas nin me intimida este tipo de estratexias. A súa intención é que deixemos de lanzar luz sobre máis adxudicacións como esta, un labor que entra dentro do cadro de funcións que como oposición temos que realizar".