Juan Picos renova como director de Forestais decidido a manter a calidade formativa e captar máis alumnos

Pontevedra
12 de novembro 2020

O profesor de Enxeñería dos Recursos Naturais, Juan Picos, foi reelixido por unanimidade para continuar á fronte da Escola durante o próximos tres anos

Juan Picos, no centro da imaxe, reelixido como director da EE Forestal do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo Universidade de Vigo

O profesor do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, Juan Picos, foi reelixido director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra despois de obter o voto favorable dos 23 integrantes da comunidade universitaria que participaron na Xunta da escola.

Picos accedeu á dirección no 2017 en substitución de Enrique Valero e continuará outros tres anos á fronte dun equipo que completan os docentes Ángeles Cancela e José Manuel Casas. 

O obxectivo principal deste novo mandato será o de seguir potenciando "“ as fortalezas dunha escola pequena, pero que coopera en moitas iniciativas docentes, de investigación e de transferencia”, así como na necesidade “tentar corrixir ata onde podemos a súa debilidade en materia de captación de alumnado".

Sinalou o director como unha das debililidades do centro o feito de que, por primeira vez este ano, Forestais foi a única facultade do campus pontevedrés que non cubriu as súas prazas, para o que anunciou a posta en marcha dun programa específico de captacion de novos alumnos.

Para conseguilo, seguirán potenciando as múltiples fortalezas deste centro que pasan por "reforzar a imaxe dunha escola modesta pero cooperante e capaz de colaborar con outros centros de investigación do seu ámbito como o CIF de Lourizán, a Misión Biolóxica de Galicia. empresas do sector ou diferentes institucións", declarou o director.