Juan Manuel Rey logra a maioría absoluta en Caldas ao validar a Xunta Electoral dous votos nulos

Umia
29 de maio 2015

Quedara a un voto de alcanzala o pasado 24 de maio, pero os socialistas reclamaron ante a Xunta Electoral dous papeletas que foron anuladas ao ter sido alteradas. Tras analizar o caso, a Xunta Electoral de zona de Pontevedra resolveu por unanimidade dar por bos ambos os dous votos nulos

Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas Mónica Patxot

Juan Manuel Rey gobernará Caldas de Reis con maioría absoluta os próximos catro anos. Quedara a un voto de alcanzala o pasado 24 de maio, pero os socialistas reclamaron ante a Xunta Electoral dous papeletas que foron anuladas ao ter sido alteradas.

Tras analizar o caso, a Xunta Electoral de zona de Pontevedra resolveu por unanimidade dar por bos ambos os dous votos nulos. As persoas que os depositaran cortaran un anaco ás papeletas, xusto por debaixo dos nomes da candidatura socialista.

Aseguran que a pesar desa manipulación, o voto é totalmente lexible e polo tanto dáos por bos, sumándose ao total de apoios que lograron os socialistas nas urnas.

Tras este veredicto, o PSdeG-PSOE alcanza o seu sétimo concelleiro e arrebátalle un ao Partido Popular que queda con tres edís. O resto da corporación municipal estará formada polos dous concelleiros de Independientes de Caldas e un do BNG.

Arquivado en