Juan Fajardo (AGE): "ÿ un resultado histórico"

Pontevedra
21 de outubro 2012

O candidato de Alternativa Galega de Esquerdas por Pontevedra felícitase do resultado, pero fai unha chamada de atención: "non podemos esquecer que o PP tivo maioría absoluta"

Juan Fajardo e candidatos de AGE reparten propaganda electoral en Pontevedra PontevedraViva

"Para Alternativa é un resultado histórico". O cabeza de lista por Alternativa Galega de Esquerdas por Pontevedra, Juan Fajardo, dá un pequeno respiro ao ambiente de euforia que o rodea para atender ao teléfono. Está na sede de Esquerda Unida en Vigo e disponse a desprazarse ata Vilagarcía de Arousa, localidade pola que é concelleiro de EU. Xusto antes de partir, "aínda estou algo emocionado".

ÿ o candidato que se presentaba coa lista máis dispar, un grupo de nomes que inclúen representates de EU, Anova, Equo e Ecogaleguistas, e foi a gran revelación na provincia. Leva xa anos en política e nunca tería imaxinado que consguiría para o seu partido (nesta ocasión, a súa coalición, a súa Syriza galega) o apoio de 70.434 persoas.

Son os votantes que a coalición que lle tocou liderar acumulou na provincia e coa que se converteu na terceira forza máis votada. Co 100% dos votos escrutados, o vilagarciano introduciuse no Parlamento, a el e a dous representantes máis da candidatura, e alcanzou o 14,49% dos votos fronte aos 58.017 sufraxios, o 11,94%, do BNG. A pesar da diferenza substancial no número de votos, ambos os dous partidos empatan a escanos.

Os escanos arrebatóullos Fajardo ao BNG e ao PSdeG. De forma directa. O PPdeG igualou os 11 deputados das anteriores autonómicas, os socialistas perderon dous e os nacionalisas, un. Facendo números, son os tres que obtivo.

Lanza unha mensaxe triunfalista, pero contida: "non podemos esquecer que o PP tivo maioría absoluta"

O ton triunfalista e a alegría que trasmite dende o outro lado do teléfono non lle deixa, non obstante, esquecer a realidade. A que afecta a nivel provincial e, en especial, a de Galicia. O PPdeG confirmouse como a forza máis votada en ambos os dous niveis, de aí que faga unha reflexión: "non podemos esquecer que o PP tivo maioría absoluta".

Esta reflexión lévao tamén a unhas ganas tolas de empezar a traballar xa, porque a súa coalición, a pesar dos resultados "históricos" ten agora por diante unha tarefa: "o noso traballo ten que ser acabar con esa maioría e con esa forma de facer política que nos levou a onde estamos".

Refírese a unha forma de facer política á que neste este 21-O puxo cara na súa conta de Facebook. Denunciou na rede social unha anécdota vivida nun colexio electoral de Vilagarcía: "un votante do PP marcha do colexio electoral sen votar e volta á media hora dicindo "agora vos meus din que é obrigatorio e tiven que volver".

Mario Conde, José Canedo, Rafa Cuiña. Os que querían, pero quedaron fóra

 

A vitoria á que pon rostro Fajardo recorda á derrota dos candidatos que se presentaban por Pontevedra coa intención de chegar ao Parlamento de Galicia e quedaron ás portas, pero bastante lonxe de chegar a pisar o felpudo.

O primeiro é o ex banqueiro Mario Conde. Candidato pola provincia de Pontevedra por ser orixinario de Tui, reside, non obstante, na Mesquita (Ourense) e esta distancia deixouse notar nos resultados. Aínda Que se presentab para chegar ao Parlamento, quedou sen escano e sendo a quinta forza pola provincia. Avalárono 9.566 pontevedreses, o 1,96% dos electores.

Peores resultados obtivo o candidato de Unión Progreso e Democracia (UPyD), José Canedo, que ademais era o cabeza de lista por Galicia e a quen os votantes pontevedreses decidiron converter na sexta forza máis votada. 7.985 votantes, o 1,64%, déronlle o seu apoio e a eles referiuse na súa valoración da xornada electoral ao agradecerlles a súa "confianza" e "enorme esforzo".

"Hicimos una muy buena campaña, contactamos con la gente, pero hemos de esforzarnos por llegar más a ella", asumiu Canedo. Falando en clave galega, lamentou non ter conseguido representación e que con iso máis de 21.000 cidadáns"no podrán ver representada su voz en la Xunta de Galicia pese a que hemos aumentado nuestro porcentaje de voto respecto a las anteriores elecciones".

A oitava forza é a cara doutro dos grandes perdedores, o candidato de Compromiso por Galicia por Pontevedra, o lalinense Rafa Cuiña. Logrou 4.603 sufraxios, o 0,94% do total dos emitidos en Pontevedra, menos que un partido polo que ninguén apostaba antes da xornada electoral, Escanos en Blancho, a sétima forza con 4.914 votos.

Arquivado en