Juan Carlos I, preguntado por se dará explicacións: "¿Explicaciones de qué?"

Sanxenxo
22 de maio 2022

Nun vídeo que difundiu laSexta, o monarca responde "explicaciones de que" á pregunta dunha xornalista sobre se explicará ao seu fillo todo o ocorrido nestes dous anos. Faino ademais entre risas, que son perfectamente identificables no vídeo

Reaparición do rei emérito, Juan Carlos I, no Náutico de Sanxenxo Mónica Patxot

Tras case dous sen verse, e tras unha estancia de tres días en Sanxenxo, o rei emérito reencontrarase este luns co seu fillo, Felipe VI. Será no transcurso dun encontro privado en Zarzuela ao que asistirán outros membros da familia real.

Pero, a pesar do que podería esperarse, parece que Juan Carlos I non pretende ofrecer ningún tipo de explicación ao actual rei de España sobre as súas actividades.

Nun vídeo que difundiu laSexta, o monarca responde "explicaciones de que" á pregunta dunha xornalista sobre se explicará ao seu fillo todo o ocorrido nestes dous anos. Faino ademais entre risas, que son perfectamente identificables no vídeo.

A reporteira pregúntalle ao rei emérito, que vai no coche co portelo baixado, "que lle vai a dicir ao seu fillo" cando lle vexa, ao cal este responde que "¿tú que le dirías a tu hijo?”.

 

O emérito, en todo caso, tamén confirmou que ten "muchísimas" ganas de ver ao rei Felipe VI. Poñerá rumbo a Madrid, segundo confirmou PontevedraViva, á primeira hora da mañá deste luns.