Jorge Cubela retoma as xuntanzas veciñais para mellorar a calidade de vida do municipio

Cerdedo-Cotobade
22 de outubro 2021

O Concello de Cerdedo-Cotobade, co alcalde Jorge Cubela á cabeza, retomou este xoves en Pedre as xuntanzas veciñais para impulsar a participación e a cogobernanza na mellora da calidade de vida das persoas e dos lugares do municipio

Reunión de Jorge Cubela cos veciños de Pedre Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade, co alcalde Jorge Cubela á cabeza, retomou este xoves en Pedre as xuntanzas veciñais para impulsar a participación e a cogobernanza na mellora da calidade de vida das persoas e dos lugares do municipio.

Durante o acto, o rexedor anunciou que "en breves días" comezarán as obras de restauración e acondicionamento da ponte medieval e o seu entorno así como a chegada da fibra óptica e a súa conseguinte alta velocidade en internet a gran parte da parroquia.

Ademais, animou aos asistentes a trasladarlle iniciativas, propostas e queixas sobre situación da parroquia. "Retomamos con gusto este contacto directo e colectivos cos veciños e veciñas de Pedre para impulsar medidas de participación veciñal na toma de decisión de aqueles asuntos de especial interés. Queremos que a xente sexa protagonista e decida o destino dos recursos municipais para priorizar e resolver aqueles problemas que lles afectan directamente", explicou Cubela.

Segundo avanzaron dende o goberno local, as peticións trasladadas centráronse na rehabilitación de un par de camiños, traballos de mantemento e pintado de bancos, bolardos e as farolas ornamentais presentes no núcleo rural de Pedre, especialmente as existentes no entorno da Eira Grande e a intervención en tres fontes que presentan problemas de funcionamento e subministro de auga.

Unha vez recollidas todas as solicitudes, o alcalde creou un Plan Municipal de Abastecemento de Auga Autónomo no que incluirán un total de 81 traídas veciñais, e animou aos asistentes a interesarse por este programa como fórmula axeitada para auditar o funcionamento das traídas, aportar solucións para melloralas e como vía de acceder a subvencións europeas para modernizarlas e adaptalas ás necesidades do século XXI.

Finalmente, manifestou o seu "desexo de dar unha resposta positiva a todas elas dun xeito inmediato" e anunciou que manterá aberta a liña de atención veciñal individual no Concello de forma simultánea con este tipo de asembleas.