Jorge Cubela, proclamado primeiro alcalde de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade
15 de xuño 2019

Na primeira corporación electa do novo municipio teñen representación o PP, o Partido Socialista e o BNG

Pleno de investidura do Concello de Cerdedo Cotobade Concello de Cerdedo Cotobade

O popular Jorge Cubela foi proclamado este sábado alcalde de Cerdedo-Cotobade, o primeiro rexedor da historia do novo concello, xa que ata agora era o presidente da xestora que se constituíu tras a fusión.

Na primeira corporación electa do novo municipio teñen representación o PP, o Partido Socialista e o BNG.

Cubela agradeceu o "masivo apoio" conquerido polo Partido Popular nas eleccións municipais e tamén quixo "agradecer á miña familia a súa infinita paciencia e o cariño que teñen comigo".

O novo alcalde dixo asumir este encargo "coa irrenunciable vocación de os servir a todos por enriba de ideoloxías" e que asume a "vocación de entendemento e de diálogo" cos grupos políticos da oposición cos que pretende buscar os "puntos de encontro" con todas as administracións.

"Dende o respeto á Constitución e ó Estatuto de Autonomía, asumimos un proxecto de principios centristas, galeguistas e liberais centristas, porque como dixo Aristóteles, a virtude reside no punto medio entre dous extremos. O centro e a moderación son esa virtude", concluiu Cubela.