Jorge Cubela, logo da maioría absoluta: "Refrenda cuatro años de trabajo, cercanía y atención"

Cerdedo-Cotobade
25 de maio 2015

Un total de 1.612 votos, o 55,99 por cento dos emitidos este 24 de maio en Cotobade, deron ao PP unha maioría absoluta ampla e cómoda para gobernar, pero, sobre todo, déronlle a confirmación de que os veciños apoian o seu traballo nos catro anos que o candidato 'popular', Jorge Cubela, leva como alcalde: "Los vecinos devolvieron su confianza al trabajo dado"

Jorge Cubela, alcalde de Cotobade Mónica Patxot

Un total de 1.612 votos, o 55,99 por cento dos emitidos este 24 de maio en Cotobade, deron ao PP unha maioría absoluta ampla e cómoda para gobernar, pero, sobre todo, déronlle a confirmación de que os veciños apoian o seu traballo nos catro anos que o candidato 'popular', Jorge Cubela, leva como alcalde. "Tranquilo y satisfecho" tras a xornada electoral, cre que esta maioría "refrenda cuatro años de trabajo" e significa que os cidadáns valoraron  "el trabajo, la cercanía y la atención". 

"Los vecinos devolvieron su confianza al trabajo dado", valora Cubela no día despois. Aínda que cre que "aún es pronto para hacer una valoración exacta, hay que hacerlo con perspectiva de semanas", Jorge Cubela xa aproveita para anunciar que durante os próximos catro anos traballará "con más empeño y la misma humildad" e promete ter "un talante dialogante con la oposición".

De cara ao próximo mandato, formúlase un maior achegamento do Concello como institución aos veciños de Cotobade e, sobre todo, "tratar de contextualizar los problemas familiares y sociales de la población", sen que se lle esqueza a situación de crise económica que segue mantendo en xaque a unha parte da poboación.

A xornada electoral deixou ao PP con sete concelleiros, un máis que os últimos catro anos. Ese ascenso implica un descenso da representación do PsdeG-PSOE de Lina Garrido, que pasa de cinco a catro concelleiros e a ausencia do BNG da corporación, como xa aconteceu hai catro anos. A pesar do rotundo da súa vitoria, rexeita valorar os resultados do resto de partidos, pois  "me gusta hablar de los míos, los demás tendrán que valorarlos ellos". 

Arquivado en