Jacobo Moreira recrimina a BNG, AGE e PSOE que non teñen "o máis mínimo interese en sanear a Ría de Pontevedra"

Pontevedra
25 de febreiro 2015

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a afondar no estudo dos sistemas de saneamento e depuración da Ría coa implicación dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa. A finalidade desta anáise é coñecer o estado actual da rede e, en función do resultado, determinar as necesidades concretas de actuación en cada termo municipal afectado

Ría de Pontevedra Juan Mejuto

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a afondar no estudo dos sistemas de saneamento e depuración da Ría de Pontevedra coa implicación dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa. A finalidade desta anáise é coñecer o estado actual da rede e, en función do resultado, determinar as necesidades concretas de actuación en cada termo municipal afectado.

A xestión é resultado dunha proposición non de lei que levou ao Parlamento o Grupo Popular e que se aprobou na sesión deste xoves cos votos a favor unicamente do PP, a abstención do BNG e os votos en contra do PSdeG e AGE. Ao respecto, o deputado e voceiro do partido en Pontevedra, Jacobo Moreira, lamentou que "quedou demostrado que ningún dos partidos da oposición ten o máis mínimo interese en sanear a Ría de Pontevedra".

Segundo un comunicado difundido polo grupo parlamentario do PP, Moreira valora que "todos deberíamos ser conscientes desta situación" e traballar xuntos para solucionar este problema, dado que o novo período operativo de fondos europeos 2014/2020 é a última oportunidade para resolver completamente o saneamento da Ría de Pontevedra.

Na súa intervención, Moreira lembrou que a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Praceres data do ano 1990 e, pese á realización de varias obras de mellora, o seu funcionamento actualmente "non é eficiente". Na súa opinión, o principal motivo da falta de eficiencia da planta radica na importante achega de augas limpas desde as redes do sistema de saneamento, que xestionan os concellos e cuxos principais elementos datan de fai máis de 20 anos.

Ao respecto, lembra que a tarefa de mantemento e renovación da rede non é unha competencia da Xunta, senón das entidades locais, polo que Augas de Galicia non poderá estudar a rede municipal sen o consentimento e a colaboración dos gobernos locais.

O deputado popular manifestou que a oferta de colaboración da Xunta de Galicia, fundamentada na urxencia de actuar no saneamento da ría, non debe supor un novo desentendemento por parte dos concellos das súas obrigas competenciais, dado que no exercicio desas competencias e coas taxas que se cobran se pode financiar o mantemento do servizo.

Arquivado en