Jacobo Moreira non pensa na dimisión "ahora mismo" pero asume "todas las responsabilidades" polo mal resultado electoral

Pontevedra
24 de maio 2015

Os sete concelleiros que conseguiu o PP nestes comicios, catro menos que en 2011, é un resultado "asumo todas las responsabilidades", dixo Moreira "y aunque no nos guste, ni haya sido como esperábamos, debemos asumir esta situación", engadiu.

Jacobo Moreira confortado polos seus compañeiros Cristina Saiz

O candidato do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, tras coñecerse os resultados electorais, afirmou que "ahora mismo" non pensa na dimisión, pero "asumo todas las responsabilidades".

Os sete concelleiros que conseguiu o PP nestes comicios, catro menos que en 2011, é un resultado "desfavorable para esta formación", dixo Moreira. "y aunque no nos guste, ni haya sido como esperábamos, debemos asumir esta situación", engadiu.

Moreira asegurou descoñecer o motivo do resultado da súa formación e pediu tempo para poder analizar "mesa por mesa" o acontecido nestes comicios "para poder ver en qué no hemos acertado y por qué no hemos conseguido llegar a todas las personas"

"Debemos aceptar este resultado porque asi lo han decidido los ciudadanos de Pontevedra", repetiu o candidato do Partido Popular.

Moreira, compareceu ás 22:50 horas da noite na sede local, que ata esa hora había permanedido vacia, cos membros da candidatura acantoados nun despacho.

Moreira sinalou que co resultado do Concello de Pontevedra no que o BNG consegue 12 concelleiros, o PP 7, PSdeG 3, Marea 2 e Ciudadanos 1, "ahora solo debemos pensar en Pontevedra, en lo mejor para la ciudad y para los pontevedreses" un empeño no que dixo vaise centrar "todo el equipo del Partido Popular y yo personalmente".

En canto á irrupción de novas forzas políticas na corporación da cidade do Lérez, Jacobo Moreira recoñeceu "cierta sorpresa", aínda que leu esta novidade nun contexto nacional.

O candidato popular telefonou para felicitar ao "justo vencedor" o actual alcalde e candidato do BNG á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores. "Los ciudadanos le han votados masivamente, es verdad que no con mayoría absoluta", apostilou.

Ao rematar a súa comparecencia Moreira saíu da sala de prensa sendo reconfortado cun aplauso por parte dos seus compañeiros de candidatura, a maioría deles con bágoas nos ollos.

Arquivado en