Izado das bandeiras azul, Q e S de Calidade e Sostibilidade turística en Portonovo

Sanxenxo
05 de agosto 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, participaron este luns no izado de bandeira Q de Calidade, S de Sostibilidade e Bandeira Azul ao Club Náutico de Portonovo

Izado das bandeiras azul, Q e S de Calidade e Sostibilidade turística en Portonovo Xunta de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, participaron este luns no izado de bandeira Q de Calidade, S de Sostibilidade e Bandeira Azul ao Club Náutico de Portonovo. 

Xosé Merelles recordou a positiva evolución da turismo este ano, con altos niveis de rendibilidade hoteleira no primeiro semestre do ano e con máis de 2,8 millóns de viaxeiros aloxados, un crecemento do 2,4%.

Ademáis, o director de Turismo de Galicia salientou a “importancia estratéxica” que o turismo náutico ten para o goberno autonómico cun investimento de máis de 3 millóns de euros para a mellora das infraestruturas dos portos deportivos que destina este ano.

A Xunta de Galicia, ao abeiro dos fondos europeos Next Generation, emprendeu primeiro un investimento de máis de millón e medio de euros para acondicionar os portos da Ruta Traslatio e destinou despois outros máis para o resto de portos deportivos "coa intención de que estean nas mellores condicións de eficiencia enerxética, accesibilidade e modernización", indicou.

En total, 10 portos de titularidade autonómica, veñen de conseguir este ano o distintivo Bandeira Azul que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e que recoñece a calidade das instalacións e servizos dos peiraos deportivos, entre outros. 

Ademais, 16 portos deportivos pecharon o ano 2023 coa Q de Calidade Turística.