Investigan un atraco a punta de pistola en Vilaboa e buscan dous sospeitosos con máscara

Vilaboa
09 de setembro 2024

A Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizar aos dous sospeitosos. levaron como botín todo o diñeiro que había na caixa rexistradora. Todo ocorreu sobre as 10.00 horas do sábado nun local da parroquia de Paredes

Patrulla da Garda Civil Mónica Patxot

A Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizar aos dous sospeitosos que na mañá do sábado atracaron un negocio de cereais de Vilaboa a punta de pistola. 

Segundo confirmou a Garda Civil, levaron como botín todo o diñeiro que había na caixa rexistradora

Todo ocorreu sobre as 10.00 horas do sábado, 7 de setembro. Dúas persoas coa cara cuberta con máscaras sanitarias entraron no negocio e ameazaron ao persoal armados con armas curtas. 

Así, a punta de pistola, pediron ao persoal que lles entregasen o contido da caixa rexistradora e, co botín na man, abandonaron o local, situado na parroquia de Paredes.

Os propietarios do negocio xa formalizaron a denuncia correspondente, segundo confirmou a Garda Civil.

De momento, non transcendeu o importe do botín e os responsables do negocio descartaron facilitar información a PontevedraViva.