Na mañá deste sábado, sobre as 9:30 horas, nun novo operativo especial da Policía Local de Poio, e xunto cos vixiantes de Gardapescas, foron interceptados "os dous furtivos de sempre" na praia de Lourido.
Segundo informan fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Poio, nesta ocasión e grazas a embarcación dos Gardapescas foron pillados "in fraganti" sacando ameixa ilegalmente.
Neste operativo os axentes da lei deron localizado 17,8 kilos de ameixa xapónica agochados no monte.
Agora estes dous furtivos están a ser investigados por unha infracción penal pola habitualidade e reincidencia.