A veciñanza da Revolta, en Cerdedo, transmitiu a súa preocupación por como vai afectar a reforma da estrada Cerdedo-Caroi ao seu entorno paisaxístico ao atravesar o Val da Revolta en lugar de seguir o trazado actual. Trátase dunha "alternativa moi agresiva que suporá un impacto paisaxístico que non se xustifica no proxecto".
A aprobación inicial do Plan Especial Infraestruturas Vial Cerdedo-Caroi o pasado 10 de maio propón mellorar as comunicacións entre os núcleos de Cerdedo e de Carballedo, capitais dos antigos concellos de Cerdedo e de Cotobade antes da fusión, aínda que, segundo indican, "só se contempla a mellora ata Caroi".
De feito o proxecto contempla a execución de 2 carrís de 3,5 m e unha beiravía de 1 metro de ancho por cada marxe, medidas que redúcense nos núcleos de poboación a 3 metros de ancho. No núcleo de Chamadoira ao existir un paso demasiado estreito optarán por unha zona de convivencia do tráfico peonil e rodado nunha plataforma elevada ocupando a plataforma existente.
Sin embargo, no núcleo da Revolta, parroquia de Cerdedo, realizarán unha variante ao actual trazado, "unha alternativa moi agresiva que vai a supoñer unimpacto ambiental e paisaxístico que non se xustifica no proxecto". A veciñanza do lugar quere "que se opte por unha solución similar á plantexada para o núcleo de Chamadoira e se execute unha zona de convivencia para os peóns e o tráfico rodado e se reduzca a velocidade do tramo".
Reclaman que "en ningún momento se xustifica a necesidade de realizar esta variante en lugar de manter o trazado actual e o custe material e sobretodo natural é moi elevado" e temen que detrás desta ampliación "se atopen motivos ocultos como poden ser o facilitar o transporte dos eólicos hacia Cerdedo-Cotobade e hacia o concello da Lama".
Por este motivo, os socialistas de Cerdedo-Cotobade reuníronse este sábado coa veciñanza para transmitirlles o seu apoio e recordar que "o decálogo de actuacións en estradas provinciais recolle que 'a modificación de trazado e ampliación da plataforma realizaranse só en estradas cunha intensidade media diaria superior a 3.000 vehículos/día de non ser viables outras alternativas de menor impacto', criterio que debería de seguirse tamén nas estradas municipais cun nivel de tráfico similar".