Unha incidencia obrigou a cortar durante a tarde deste venres o tráfico de trens entre Pontevedra e Vigo.
Segundo informa o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) cortouse o tráfico ferroviario entre as dúas principais cidades da provincia, en concreto entre a estación viguesa de Urzáiz e a da cidade de Pontevedra.
A causa é un incendio declarado entre Redondela e a bifurcación ferroviaria de Arcade, no Concello de Soutomaior, e que se atopa preto das vías.