Instalan urinarios en Marqués de Aranda e Santa María por unha "Pontevedra riquiña" que "merece estar limpiña"

Pontevedra
12 de agosto 2022

A asociación de hostaleiros Hoempo, que colocará carteis na rúa para concienciar á cidadanía, está detrás dunha iniciativa que ten como obxectivo acabar coa sucidade que ano tras ano se xera coa celebración de penas

Hoempo distribúe carteis para evitar que a cidadanía ouriñe nas rúas Hoempo

A asociación de hostaleiros Hoempo, co obxectivo de que "estas festas sexan máis respectuosas e cívicas", promoven a instalación de oito urinarios que se instalarán na rúa Marqués de Aranda e na Praza de Santa María.

O obxectivo desta iniciativa é o de evitar que durante a celebración de peñas as persoas ouriñen nas rúas, explican desde o colectivo de hostaleiros. Ademais, "para favorecer a concienciación cidadá" completarán a súa campaña coa colocación de carteis que promoven "unha celebración sensata".

A instalación destes baños portátiles servirá para fomentar a limpeza no centro histórico e acabar coa sucidade que se xera pola acumulación de xente consumindo bebidas na rúa e nas terrazas.

Moitos dos que participan na celebración de peñas botan en falta tamén a instalación de contedores nas inmediacións das prazas nos que poder tirar os residuos, que ano tras ano quedan acumulados na praza ofrecendo unha mala imaxe da cidade á mañá seguinte.