A Rúa Lameira, en Marín, conte desde a pasada fin de semana con doce novos puntos de luz. Mellorar a imaxe e seguridade da vía era unha das principais reivindicacións que os veciños lle trasladaron ao Concello. Despois de estudar diversas alternativas, o goberno local decidiu instalar luminarias ancoradas ás fachadas dos edificios para non entorpecer a mobilidade nunha beirarrúa estreita.
Para realizar esta obra, o Concello púxose en contacto coas comunidades de veciños de propietarios das fachadas nas que se instalaron, que aceptaron a cesión dese espazo para tal fin.
Ademais de atender unha petición veciñal, a actuación do goberno local servirá tamén para mellorar a eficiencia enerxética na vila.