Galicia afronta unha semana marcada pola recuperación paulatina da influencia anticiclónica e a entrada de posibles frontes frías, segundo Meteogalicia.
Luns 9 de setembro: Galicia recuperará lentamente a influencia anticiclónica. A provincia de Pontevedra comezou a xornada con intervalos de nubes baixas, con tendencia á apertura de grandes claros co avance do día.
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos oscilando entre 12 e 26 graos.
O vento soprará frouxo de compoñente norte con intervalos de moderado entre Costa da Morte e as Rías Baixas.
Martes 10 de setembro: Galicia queda na influencia do anticiclón situado ao norte dos Azores.
A xornada vai iniciarse con bancos de néboa e intervalos de nubes baixas con tendencia a quedar cos ceos pouco nubrados ou despexados co avance da mañá.
As temperaturas mínimas van moverse entre 14 e 26 graos na provincia de Pontevedra. O vento soprará moderado de compoñente norte.
Mércores 11 de setembro: Continúa a influencia das altas presións, coa entrada dunha fronte fría polo norte da Comunidade.
Con esta situación, os ceos permanecerán parcialmente cubertos na metade sur.
Na metade norte de Galicia predominarán as nubes baixas, con chuvascos máis probables a partir do mediodía.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios, pero as máximas sufrirán un lixeiro descenso, variando entre os 13 e os 24 graos nas Rías Baixas.
O vento soprará moderado do noroeste.
Galicia quedará nunha situación intermedia a partir do xoves, entre as altas e as baixas presións, con maior probabilidade de chuvia no terzo norte.
Para a vindeira fin de semana agárdase unha entrada anticiclónica acompañada de aire cálido.