Inícianse os cribados para detectar posibles asintomáticos en Vilanova de Arousa

O Salnés
03 de marzo 2021

Esta iniciativa preventiva terá lugar entre o 3 e o 5 de marzo. Nesta ocasión, 1.734 persoas de entre 50 e 64 anos foron convocadas. Ao longo do mes de febreiro, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuou 44.591 convocatorias preventivas en distintas localidades, ás que asistiron 31.445 persoas, un 70,5%

Cribados en Vilanova de Arousa Consellería de Sanidade

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no pavillón de Vilanova de Arousaata o vindeiro venres 5 de marzo novos cribados poboacionais con PCR convencional, coa finalidade de detectar o maior número posible de portadores asintomáticos da covid-19.

Nesta ocasión, 1.734 persoas de entre 50 e 64 anos foron convocadas. 

Os cribados terán lugar a partir das 9:00 horas na quenda de mañá, e das 15:30 na de tarde. Os resultados negativos serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse por vía telefónica.

Ao longo do mes de febreiro, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuou 44.591 convocatorias preventivas en distintas localidades, ás que asistiron 31.445 persoas, un 70,5%.