Inician a segunda fase de escavacións nas obras do Gran Montecelo

Pontevedra
07 de maio 2022

Esta nova etapa na execución deste proxecto estratéxico comeza a semana na que as obras cumpren un ano e tras o desvío do gasoduto e a recente entrada en servizo das súas redes dun quilómetro de lonxitude

Inicio da segunda fase de escavación nas obras do Gran Montecelo Xunta de Galicia

A execución do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra dá esta semana un paso máis á fronte co inicio da segunda fase de escavacións.

Esta nova etapa na execución prodúcese nunha semana na que as obras cumpren un ano e tras o desvío do gasoduto e a recente entrada en servizo das súas redes dun quilómetro de lonxitude. 

Segundo explica a Xunta de Galicia, a actuación no gasoduto fixo necesario paralizar os traballos de escavación e de estrutura na zona afectada, que a nivel de edificabilidade representa a área de maior complexidade de todo o proxecto, xa que é a máis próxima ao hospital actual e pola que se realizará a interconexión entre este edificio e o novo.

Nos terreos sobre os que agora comezará a escavación construiranse 25.400 metros cadrados de estrutura, repartidos en dez plantas co sotos, o baixo e oito alturas.

Trátase duns traballos que se realizan con moita precaución, evitando voaduras e minimizando as vibracións para tentar afectar o menos posible ao desenvolvemento hospitalario do actual  edifcio, en plena actividade.

Ademais, para poder progresar, será necesario retirar e desprazar a liña de media tensión, algo que está previsto realizar a semana do 23 de maio.

Arquivado en