Incautan 100 quilos de almeixa extraídos por furtivos en dúas praias de Poio

Poio
13 de xullo 2017

Un cento de quilos de ameixa. É o que logrou recuperar a Garda Civil de mans de mariscadores furtivos, que foron sorprendidos nos últimos días en dúas praias de Poio. Foi no transcurso dun operativo conxunto do instituto armado e os vixiantes de gardapescas da confraría de San Telmo (Pontevedra)

Ameixas incautadas a furtivos en Poio Guardia Civil de Pontevedra

Un cento de quilos de ameixa. É o que logrou recuperar a Garda Civil de mans de mariscadores furtivos, que foron sorprendidos nos últimos días en dúas praias de Poio.

Foi no transcurso dun operativo conxunto do instituto armado e os vixiantes de gardapescas da confraría de San Telmo (Pontevedra).

A primeira das incautacións produciuse na praia de Padrón, en Combarro, despois de que os vixiantes da confraría detectasen un vehículo estacionado nas inmediacións deste areal. 

Co apoio dunha patrulla da Garda Civil inmobilizaron o vehículo. Aínda que non había marisco no seu interior, localizaron dous sacos con 29 e 23 quilos de ameixa que os dous ocupantes do coche trataran de esconder na praia ao detectar o control policial.

Ambos foron denunciados polos vixiantes da confraría. Teñen numerosos antecedentes por marisqueo furtivo.

A segunda incidencia transcorreu dunha forma similar á anterior. Nesta ocasión, os vixiantes da confraría, co apoio da patrulla fiscal e de fronteiras da Garda Civil de Marín, estableceron varios puntos de observación e control sobre tres mariscadores furtivos que se atopaban faenando na praia da Pinela.

Cando saíron do areal foron interceptados e incautáronselles tres sacos que contiñan uns 15 quilos de ameixa cada un.

Con estas dúas incautacións, que forman parte do protocolo de colaboración da Garda Civil coas confrarías de pescadores para erradicar o marisqueo furtivo na provincia, foron identificados e denunciados cinco mariscadores furtivos e incautáronse preto de 100 quilos de ameixa, que foi comisada e devolta ao mar.