Incautados oito quilos de cocaína e 18 de haxix nunha operación antidroga no Salnés

Umia
11 de setembro 2024

O delegado do Goberno confirmou que "hai catro persoas detidas" nos concellos de Portas, Ribadumia e no municipio lucense de Monterroso, "e practicáronse catro rexistros" nos que se confiscaron "aproximadamente 140.000 euros en efectivo, coches, teléfonos, etcétera"

Policía Nacional Mónica Patxot

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco informou que a Policía Nacional incautouse de oito quilos de cocaína e 18 quilos de haxix nunha operación contra o tráfico de drogas despregada na zona do Salnés.

"A operación segue aberta" apuntou Pedro Blanco no transcurso dunha visita oficial a unha adega de Meaño.

O delegado do Goberno confirmou que "hai catro persoas detidas" nos concellos de Portas, Ribadumia e no municipio lucense de Monterroso, "e practicáronse catro rexistros" nos que se confiscaron "aproximadamente 140.000 euros en efectivo, coches, teléfonos, etcétera". 

"Non descartamos que nas próximas horas haxa máis detidos", ha añadido Pedro Blanco

Fontes oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informaron que está previsto que as persoas detidas pasen este xoves ao dispor da xuíza titular do Xulgado de Instrución nº2 de Caldas de Reis.

A operación foi levada a cabo pola Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional de Pontevedra.